O programa conta coa presenza de Carmen, que de pequena foi unha cincenta e, tras casar con Andrés, liberouse da opresión dunha tía tirana. Agora é a princesa da súa familia. Tamén está no estudio Diego, que tivo que afrontar burlas e humillacións para defender a súa vocación de bailarín. A súa nai, Celia, sempre o apoiou. Outra protagonista é Eva, que foi a primeira transplantada galega aínda viva. Parte do mérito teno súa irmá, que lle doou o primeiro ril cando Eva só tiña 10 anos.