Cristian Silva considérase gaiteiro, aínda que para o gran público pode que non sexa un gaiteiro “normal” ou “tradicional”. A súa estética e a súa forma de entender a gaita e a música galega rompe con todo o estipulado e el busca novos ritmos e novas melodías, iso si, sempre respectando a tradición da música popular. Multiinstrumentista, ten xa un disco no mercado, “Ego”, e visita “Vivan as Tardes!” para contar que tradición e modernidade son, no seu caso, máis ca compatibles.  Tamén estarán hoxe no programa Lara, galega de Marín, e Roberto, italiano pero galego de adopción, que son parella desde hai 14 anos. Traballaban e vivían en Madrid xunto a súa filla Lola, de tres anos. Tiñan bos traballos, pero o desexo deles era cambiar de vida, deixar a gran cidade e gozar da calidade de vida do rural. Amantes dos viños, Lara e Roberto atoparon unha oportunidade que non podían deixar escapar: unha adega na Ribeira Sacra. Mercárona e deixaron Madrid por Pombeiro, unha parroquia de Pantón.  Eco