A fama ás veces aparece nos momentos máis inesperados. Boa proba disto é o primeiro convidado, Alfonso Tellado, a quen lle chegou de sorpresa, sendo xubilado, por visitar o programa de Buenafuente. Cunha simple conversa namorou todo o público, conseguiu calar o presentador e pasou do absoluto anonimato a saír en todos os medios de comunicación. O éxito tardío cambioulle a vida e tivo que aprender a compatibilizar os labores do campo cos de presentar un programa na TVG. Ten anécdotas para dar e tomar e desde o programa vano sorprender con dous audios: un dos seus antigos compañeiros de programa e outro da súa familia.  Outra protagonista é Minerva, unha veciña de Espiñeira namorada do lugar en que vive e do río Masma que ve desde a súa fiestra. De nova non lle gustaba o oficio de costureira que aprendera e marchou a Londres en plenos anos 60. Descubriu un novo mundo e traballou na hostalería. Regresou doce anos despois para coidar de súa nai, Rosa, e traballou como taxista. Foi a prime