Pepe Capelán súmase ao programa para presentar a xente convidada. Aínda que a charanga Leña Verde só ten un ano de vida, os seus compoñentes contan con moitas anécdotas para contar. Desde o encontro co can clarinetista, a traballosa creación da charanga ou a súa caída dun carro en marcha. José Manuel, Manolo e Pepe veñen de Lalín e non se dedican profesionalmente á música pero ela é súa “gran musa”.  Coñecer a historia de Adán e Xiao convida a pensar que o destino existe. Adán, viaxeiro impenitente, estaba nun lugar turístico da China e pediulle a unha muller chinesa, entre os millóns de mulleres que había nesa cidade, se lle podía sacar unha foto. Esa muller estivera hai anos en Galicia e falaba un pouco de castelán. Foi o comezo dunha relación que acabou en voda, e desde hai oito meses viven coma parella en Carballo. Hai tres anos que se coñeceron, tres anos moi intensos, onde a tradición chinesa obrigou a Adán a pagar unha dote para casar, mentres que ela pasou de vivir nunha cid