Evangelina é unha veciña de Valdoviño que para os seus 88 anos está coma de 30. Traballou moito na vida: de lavandeira, de percebeira e na casa. Agora, xa retirada da vida laboral, ten máis tempo para compoñer as súas coplas, que memoriza enteiras, e, sobre todo, para compartir as tardes charlando coas veciñas na marquesiña da aldea, á que chaman xa “O Parlamento”.  Roberto traballa desde 2004 como bombeiro. Desde a súa xuventude tivo claro a que se quería dedicar. Tivo outra vocación que naceu con el e que desenvolveu ata rematar o colexio. Rober, con tres e catro anos, contaba contos e cantaba as cancións que saían na televisión. O corredor da casa, as ceas e comidas dos pais e a tenda que a nai tiña eran os escenarios onde “Robiño” facía rir a xente. Recuperou a afección con case 30 anos, cando un impulso o subiu de novo a un escenario. Hoxe en día, traballa de luns a venres coma bombeiro, e as fines de semana fai quilómetros por España adiante contando o seu espectáculo de monólog