Felicidad é unha muller de bandeira. Aos seus 70 anos conta cun currículo de infarto: foi pintora, escritora, locutora de radio e segue dando charlas motivacionais no instituto da súa neta. Conta cun look moderno e atrevido e ten a melena máis famosa do barrio de Coia! Xunto a súa amiga Loli creou Alegría XXL. Este grupo de música é un grito feliz de rebeldía contra a tristura e as depresións. O delas non é o canto pero teñen humor a raudais e non están dispostas a que nada nin ninguén lles roube o sorriso da cara. Sacaron dous discos, actuaron nos furanchos de Vigo e xa son coñecidas como “As Supremas de Coia”. Nuria é unha das máis recoñecidas expertas en grafoloxía de Galicia. Formouse en Criminoloxía e despois especializouse no estudo de como somos as persoas e, sobre todo, en como iso se pode descubrir en algo que é practicamente imposible de enganar: na sinatura. Juan, coñecido como “Pampín”, sempre foi afeccionado ao deporte e decidiu estudar INEF. Despois dalgúns traballos, fi