Carmeliña é unha muller de Tui que comezou a escribir poesía nos anos 70, tras morrerlle un fillo. Descubriu unha auténtica paixón, tanto pola escrita coma pola declamación, coa que gañou, ademais, varios premios. Xa nunca deixou de escribir e compatibilizou esta faceta co coidado da casa, a crianza de dous fillos e o voluntariado. Hoxe ten 70 anos, segue escribindo, ten dúas netas e goza da vida con amigas como Icíar, con quen ten moitas vivencias de cando ambas eran voluntarias na prisión da Lama. De Ferrol chega Cruz, unha muller moi activa que con 40 anos decide comezar a estudar unha carreira ao mesmo tempo que os seus fillos estudan as súas. É unha nai moi nova, xa que tivo o seu primeiro fillo aos 18 anos. Non renunciou a formarse e, de feito, a pesar de ter a súa praza de auxiliar de enfermaría, está rematando Traballo Social, e con nota.  Desde hai 14 anos unha panadería de Rodeiro envía sete pezas a un enderezo moi especial: o palacio da Zarzuela. Non saben quen está namorado