Din que San Antonio é avogado dos namorados e con Teresa e José Luís deu no cravo. O que comezou sendo un amor de verán converteuse nunha auténtica historia de amor de película. Aínda que pasaron un noivado separados, escribíndose cartas e enviando telegramas, sacaron tempo para plantar un bo froito e ao quedar ela embarazada decidiron casar. A historia desta parella de Cambados está marcada polas anécdotas simpáticas: na noite de voda tiveron que recoller o pai de Teresa na cantina, decidiron ter un segundo fillo por unha folga de buses e renovaron os seus votos por imposición do cura. Montse, de Gondomar, desde pequena  tivo claro que a súa vida xiraría arredor das fichas dos quebracabezas. A afección non fixo máis que medrar e hoxe, con 40 anos e un fillo de 2, non só a súa casa está chea de quebracabezas, senón tamén a súa cabeza. O seu home é o seu “pinche axudante” nos campionatos aos que acode e soña con ter un anaquiño para comezar o gran reto: o quebracabezas de 18.000 pezas q