David Sueiro, o primeiro convidado do “Vivan as Tardes!” deste venres, é unha persoa afortunada. É o dono dos ovos máis caros e saborosos do mundo e do corazón máis namorado do Deza. O seu soño naceu hai moitos anos, cando gozaba axudando os seus avós nos labores de labranza, pero conseguiu facerse realidade hai 5 anos, creando Galo Celta. Na súa granxa de Vila de Cruces viven felices e libremente galos e galiñas de razas autóctonas galegas, criadas combinando os agarimos e a sabedoría tradicional coas técnicas actuais. Os seus ovos conseguiron fama internacional, non en van son os favoritos de moitos chefs como Martín Berasategui.   Adrián e Zoe chegarán ao programa desde Santiago. Son amigos desde a infancia e xuntos crearon unha empresa que se encarga da organización de vodas. Cando unha parella os contrata, eles asumen a responsabilidade de preparar esa celebración ao gusto dos noivos e axustándose ao presuposto fixado. Posto que polo seu traballo se están a converter en expertos e