Jorge é asturiano de nacemento, pero galego de adopción e case tamén de corazón. Comezou como neno prodixio imitando a Pedrito Fernández a ritmo de rancheras. Logo probou sorte en Madrid, pero volveu á súa terra natal para seguir no mundo das orquestras. Neste mundo leva moitos anos, 18 deles en Galicia. Tamén está no estudio Rita, que descende de pais amantes da música e do baile galegos, polo tanto, ela herdou esa paixón. Non lembra aprender a bailar, pois di que xa naceu bailando. Despois de toda unha vida dedicada á cultura galega, agora os seus fillos tamén herdaron esa paixón. Bieito utiliza a luz como un elemento máis dos seus deseños. Este artesán de Lugo fai lámpadas de deseño propio e, sobre todo, sabe moi ben como utilizar correctamente a luz, algo que non sempre facemos ben na casa. Jose María é dono da granxa de roedores máis grande de España. Agora mesmo, as instalacións de Xaraleira albergan máis de 800.000 animais. Os comezos pasaron por invadir o garaxe da súa nai par