Sito Sedes é unha das figuras máis importantes da música galega. Subiu aos escenarios con 18 anos e só un lustro despois ingresou en Los Satélites. Á fronte da orquestra, en que estivo 12 anos, viviu unha época de moitos éxitos: actuaron en toda España, compartiron escenario con Víctor Manuel e Massiel, gañaron un disco de ouro e foron a orquestra titular do programa “Aplauso” de TVE. Malia retirarse da verbena coa chegada da “orquestra moderna”, nunca abandonou a música: colaborou en dous discos cos Tamara, sacou o seu propio álbum de boleros, liderou a Ardebullo Bin Ban e agora segue máis activo ca nunca actuando xunto a Roberto Somoza na Garufa Blue Devils Big Band. Margot é a cociñeira da cadea de pizzerías de máis sona de Galicia,  da que é propietario o seu home Leman. Logo de sorprender coas pizzas de produtos galegos, acaban de gañar o premio ao segundo mellor bocadillo de España, que desde estes días xa se pode probar nos seus restaurantes.  Manuel Cruces, un triatleta de 74