'Vivan as tardes' celebra o seu programa 100 con convidadas e convidados e cunha torta, elaborada por Gabi, unha porteña con raíces galegas. Tiña unha vida estable en Bos Aires como avogada, pero namorouse de Víctor, un Garda Civil de Lalín. Acabou cambiando Arxentina por Galicia e o Dereito pola repostaría.  Laura, Enrique e Jakob son tres estudantes de 1º de Bacharelato dun colexio de Poio que foron elixidos polo seu expediente e habilidades para participar nun curso na NASA. Os mozos e a moza formaron parte dun grupo de 14 estudantes de toda España que hai dous meses viaxaron a Houston para coñecer o NASA Houston Johnson Space Center. Peregrina é unha veciña de San Miguel de Oia, en Vigo, acostumada a lidar coa morte, pero que está chea de vida, por iso goza das celebracións das cousas importantes. Peregrina leva o humor por bandeira e iso trasládase a calquera celebración, mesmo a do programa 100 de “Vivan as Tardes!”.  Fernando é un pintor galego con gran proxección internacion