“Vivan as Tardes!” conta coa presenza de Mari Carmen, que era un vendaval, pero que tivo que reorientar a súa vida cando sufriu un ictus aos 46 anos. O seu home, Manolo, dedícase exclusivamente a ela. O programa tamén recibe a visita de Natalia, que perdeu a súa nai por un cancro e ela sufriu dous. A axuda de Celsa foi sempre incondicional e hoxe tamén a acompaña.Outros protagonistas son Jose e Nuria, ambos os dous militares.