Dorneda está envolvida pola maxia do Nadal e, como cada ano, Roxelio prepara a súa tradicional mensaxe, desexando felices festas a todos os habitantes da vila. Para iso, conta coa inestimable axuda da súa nai, Lucita, coa que realiza un exhaustivo repaso das particularidades da vila e, en especial, dos seus habitantes. Pero non todos os veciños parecen igual de emocionados ante a chegada da Noiteboa. É o caso dos “trangalleiros” que, indignados pola inexistencia en Dorneda dunha árbore de Nadal á altura das súas expectativas, deciden tomar o touro polos cornos e encargarse, eles mesmos, de conseguir o exemplar máis grande e impresionante que xamais coñecesen os seus fregueses. Con este ritual, recae neles una das tradicións máis antigas da vila. Como non podía ser doutra maneira, Héctor non dubida nin un segundo en poñerse ao servizo dos seus adversarios no mar para, nesta ocasión, unirse nun fin común. Pero o visitante máis inxenuo aparecido xamais en Dorneda leva unha desagradable