A procura do Augusta continúa en “Viradeira” e, por primeira vez, Héctor e Manel van xuntar forzas, xa que a chegada dun cazatesouros internacional ameaza as aspiracións de ambos os dous. Organizados por quendas, eles e as súas tripulacións velarán pola seguridade do pecio. Se “o Americano” rouba algo, rapidamente avisarán as autoridades. Pero hai un detalla en que ningún dos dous reparou e que podería poñer en perigo a operación: Muxo, Alfredo e Chino non son moi dados a colaborar coa Garda Civil, eles son máis de arranxar as cousas por si mesmos. Mentres, na casa de Charo, unha avaría no quentador da auga fará que Lupe descubra a nobre e difícil arte de lavarse “por parroquias”. A madrileña ofrecerase a arranxar o aparato, pero a súa caseira parece ter xa un fontaneiro de man, nada menos que Alfredo. Pola súa parte, Diana, a directora da Fundación Lagares, pouco a pouco estase a percatar da estreita relación e a gran complicidade xurdida entre Carmela e Héctor. Como reaccionará a avo