A batalla para facerse co tesouro do Augusta púxose seria. A chegada de Diana a Dorneda non trae nada bo para os seus habitantes. Por unha parte, enrarece a relación entre Héctor e Carmela e, pola outra, pode acabar con Manel, Chino, Alfredo e Muxo entre reixas. Porque a directora da Fundación Lagares non chegou soa. Con ela apareceu a mesmísima Garda Civil. E é que Encarna, a pouco discreta ladroa do canón do Augusta, cometeu a insensatez de pór á venda a peza en Internet. Nun último intento por solucionar as cousas de maneira pacífica, Héctor acudirá a Roxelio, o alcalde da vila. Ao alcalde non lle quedará máis remedio que pór fin ás súas “vacacións” para solucionar o asunto. Pero calquera remedio chegará tarde para Manel, o pescador que, tras corenta anos de procura, viu como lle rouban o froito do seu traballo. Mentres tanto, Manel sabe que Encarna lles roubou o canón do Augusta e Chino, Alfredo e Muxo non tardan moito en descubrilo. E é que a armadora non foi demasiado discreta: