Héctor e Carmela ultiman os detalles da súa voda. A súa intención é celebrar un enlace sinxelo e discreto, rodeados dos seus familiares e amigos máis directos. Na súa listaxe de convidados, Héctor quere incluír a Diana, a súa ex-parella, e decide escribirlle unha carta para contarlle todo o sucedido en Dorneda desde a súa marcha. Polo demais, todo transcorre con aparente tranquilidade na vila, algo que en Dorneda non é nada habitual. Axiña se complicarán as cousas cando Charo, a caseira de Héctor, manifeste o seu desacordo coa idea da parella de celebrar unha voda sinxela. A redeira atopará en Lucita, a nai do alcalde, a aliada perfecta con quen urdir o seu plan. O seu obxectivo é claro: Héctor e Carmela deben ter unha gran celebración, como se merece a voda do ano e ao máis puro estilo dornedense. Pero do que non son conscientes as dúas mulleres é de que poderían chegar a poñer en perigo o enlace.