Un veciño de Santo Tomé quere vender pezas roubadas do Augusta á fundación para a que traballa Héctor. Iso quere dicir que, a pesar do seu esforzo e o dos veciños de Dorneda, o barco xa foi localizado por outros. Despois de recibir a noticia, Héctor e Lupe non dubidarán en pórse con el para conseguir as coordenadas do Augusta. Con todo, Macario adiantaráselles e, se queren a localización exacta do pecio, terán que pagarlle unha gran suma de diñeiro.Mentres tanto, os preparativos para a voda de Carmela e Héctor seguen adiante. Maca e Patri, queren facerlle unha despedida de solteira á noiva, pero Carmela poralles unha condición: se queren que saian as tres de celebración, antes terán que amigarse entre elas.Pola súa banda, Manel pediralle axuda a Perico para organizarlle a correspondente festa para Héctor, dado que o cazatesouros atópase moi lonxe da súa casa, dos seus familiares e dos seus amigos. Perico non dubidará nin un momento, el nunca deixa pasar unha boa festa. Pero, para esta