Despois de moitas xestións, Héctor consegue que o seguro da Fundación se faga cargo da reparación dos danos ocasionados ao Arredemo, polo que Manel e os seus axiña poderán saír navegar de novo. Pero a tranquilidade non vai durar moito. Os trangalleiros intentarán sacar todo o partido posible ao seguro, finxindo danos inexistentes e perda de material de gran valor que en realidade nunca estivo a bordo do seu  barco. Maquinaria, equitación e ata danos persoais serán obxecto de reclamación por parte de Alfredo, Chino, Manel e, especialmente, de Muxo. Mentres tanto, Roxelio consegue sacar adiante o seu maior logro político: a celebración dun cumio diplomático entre os concellos de Dorneda e San Tomé. A cita será no mesón e a ela acudirá unha ampla representación dos veciños da vila, así como, por suposto, a alcaldesa do lugar veciño. A cita transcorrerá nun clima de diálogo e bo talante ata que a alcaldesa solte unha auténtica bomba informativa: Roxelio, primeiro edil de Dorneda, é gay?