Héctor terá que enfrontarse a unha das situacións máis complicadas da súa vida no capítulo desta noite de “Viradeira”, xa que sufrirá un secuestro a mans dos propietarios do fardo de droga que Alfredo, Muxo, Tito e Manel atoparon no mar.  Desde a súa entrada no cárcere, Macario, o home máis temido de Dorneda, tivo moi claro o que faría nada máis abandonar o penal: ir visitar os seus “amigos” os “trangalleiros”. E é que o matón ten unha mensaxe que darlles: se non devolven os cartos da droga perdida, a vida de Héctor podería correr perigo.