O pazo de Brandeso, en Arzúa, construído no ano 1620 e, polo tanto, un dos máis antigos de Galicia. Juan Varela Durán fala das súas connotacións literarias, por estar vinculado a tres das figuras máis importantes da literatura galega, como son Ramón María del Valle-Inclán, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.
No pazo de Santiso, en Antas de Ulla, Eduardo López Yáñez e Eduardo López Vázquez contan unha historia relacionada cos tributos que recadaban os donos do pazo séculos atrás.
En terras do concello de Barbadás atópase o pazo de Piñor e alí Juan Díaz Pulido e Mª Cruz Bangueses Cobelas explican como a arquitectura de planta rectangular é froito da unión de varias casas de labranza no século XVIII.
O pazo de Borraxeiros, en Golada, ten a súa súa orixe nunha fortaleza medieval destruída polos Irmadiños no ano 1467. Alí encontramos a súa propietaria, Matilde Fociños de Valenzuela Fariña, e o investigador sobre a historia dos pazos César Gómez Buxán.