Neste capítulo, Rodrigo chama a súa nai para que o veña recoller porque di que se está aburrindo en Moledo. En consecuencia, Catarina preséntase na vila para levar os nenos, para sorpresa de Manel, que decide marchar tamén do lugar. Ante tal situación, Filipa ten que aclarar os sentimentos canto antes e tratar o tema co seu aínda marido Kiko.