Neste capítulo, Filipa e Manel argallan un plan para que Tristão, Vasco, Graça, Leonor e Rodrigo participen na procesión que vai ter lugar en Moledo. Os rapaces irán na busca dun tesouro, para o que terán que resolver unha serie de pistas que lles van aparecendo polo camiño. Ao mesmo tempo, a relación entre Filipa e Kiko continúa mostrando síntomas de debilitamento.