Tras divorciarse da súa muller, Manel chega cos seus fillos Rodrigo e Leonor a Moledo, a vila en que pasaba os veráns durante a súa adolescencia. Alí reencontrarase con Filipa, o seu amor da infancia, que agora vive coa súa filla Graça e co seu marido Kiko. Os rapaces tamén coñecen a Vasco e a Tristão e establecerán vínculos de amizade con eles, ao mesmo tempo que volverán agromar entre os seus pais as paixóns do pasado.