Visitamos o concello do Carballiño para participar nas Festas de San Cibrao. Nieves Rodríguez estará nesta vila ourensá para gozar dos seus principais atractivos, a música, os desfiles e a procesión. Pola súa parte, a reporteira Ariadna Leis irá ata o concello do Barco de Valdeorras para pasar un día de intensas emocións nas Festas do Cristo. Belén Vara achegaráse ata a localidade pontevedresa de Poio, onde celebran un ano máis a Festa da Ameixa, un delicioso manxar do que gozarán centos de persoas.E María Blanco viaxará a Vilanova dos Infantes, no concello de Celanova, para participar no día grande da Virxe do Cristal. As danzas ancestrais na honra da virxe atraen cada ano a este lugar a milleiros de visitantes. As cámaras de "Vaia Troula" tamén estarán presentes nas Festas de San Cibrao de Vilanova de Arousa, na Romaría de Santa Eufemia de Leira, en Ordes, na Festa Romana de Vigo e na Exaltación da Pataca de Coristanco. A Festa da Nosa Señora da Gracia de Santiago, o Entroido de