Achegámonos ata o concello de Mañón, onde se celebra a espectacular Noite Meiga no porto do Barqueiro. Nesta localidade coruñesa festéxase desde hai dúas décadas esta noite, en que as forzas do mal e do ben se enfrontan rematando nunha festa rachada. A reporteira Belén Vara achegarase á localidade coruñesa de Carral. Alí celebran a Festa da Virxe do Socorro cunhas boas empanadas e con grupos folclóricos que percorren toda a vila. A reporteira María Blanco viaxará ata Pontedeume para participar na Festa das Peras. O concurso de froitas, que atrae todos os anos centos de persoas, e os pasarrúas dos mómaros son algúns dos atractivos desta celebración. Ariadna Leis visitará o concello de Porto do Son para pasar un día de troula na Romaría da Virxe de Loreto, que forma parte das festas patroais do concello. Tamén esteremos nas festas patroais de Fisterra, na Malla de Casás, en Cerdido, na Festa de San Tirso en Mabegondo e na Romaxe do Loreto de Couzadoiro, en Ortiqueira. As Festas da