Este domingo pola noite o programa da Televisión de Galicia “Vaia Troula” viaxa ata o concello de Xinzo de Limia, onde se celebra a Festa do Esquecemento. A presentadora Nieves Rodríguez compartirá cos veciños da localidade unha xornada en que retroceden á época romana, nunha celebración das que fan historia.  Pola súa parte, a reporteira Ariadna Leis irá ata Redondela para pasar un día de festa no Entroido de Verán da vila. Belén Vara, á súa vez, achegaráse ata Doade, no concello de Lalín, onde organizan cada ano unha malla tradicional, en que non faltarán a boa comida e unha gran foliada. María Blanco viaxará ata Bandeira, en Silleda. Neste concello celebran a multitudinaria Festa da Empanada, chea de música, concursos e festa a esgalla.  As cámaras de "Vaia Troula" tamén estarán presentes na Festa de San Bartolomeu de Pravío, no concello coruñés de Cambre, na megasardiñada de Sada, na gran Xira dos Caneiros de Betanzos e na Festa do Chourizo de Vedra.  A Exaltación do Mexillón de