A presentadora Nieves Rodríguez e as reporteiras Belén Vará e Ariadna Leis viven a Festa da Dorna de Ribeira, nunha xornada en que a música das gaitas e os xogos de mar e de terra das “peñas dorneiras” son os pratos fortes. No programa tamén hai tempo para viaxar á romaría da Madanela de Santa Uxía de Lobás, no concello do Carballiño con Belén Rivero. Ademais, as cámaras de “Vaia Troula” pasan pola Festa do Mar de Mera, en Oleiros, polo Mercado Medieval de Corcubión, pola romaría da Madalena de Castrofeito, no Pino, e polo Entroido Quente de Maceda. As Festas de Verán de Taragoña, en Rianxo, o San Cristovo de Outes e a romaría de Santa María Magdalena de Freáns, en Pontedeva, completan o menú trouleiro.