Nieves Rodríguez viaxará a Marín, onde celebran o San Miguel cunha fermosa danza de espadas.  Pola súa parte, a reporteira Belén Vara irá a Ponteareas para gozar da procesión de San Miguel. E a continuación terá lugar o lanzamento duns espectaculares globos de papel ao que acoden centos de persoas de toda a contorna. Ariadna Leis achegarase ata o concello coruñés de Frades para participar na tradicional romaría campestre de San Miguel. No campo da festa non faltará a devoción, a música das charangas e as interminables merendas. Pero o “Vaia Troula” deste domingo estará en máis festexos, non só no San Miguel. O programa tamén estará moi pendente da romaría de Santa Minia, no concello de Brión. As cámaras de “Vaia Troula” tamén estarán presentes nas Festas da Mercé de Chanteiro, en Ares, na Exaltación do Chourizo ao Viño da parroquia de Ponte, en Silleda, na Festa dos Milagres de Bandoxa, en Oza-Cesuras, e no xantar popular de Monteagudo, no concello de Arteixo. A romaría de San Campio,