A presentadora Nieves Rodríguez está en Boiro, onde celebran as súas tradicionais Festas do Verán con música de grupos folclóricos, boa comida e unha morea de actividades para  toda a familia.  O programa tamén fai un percorrido polas mellores celebracións da fin de semana, con especial atención a algunhas das moitas festas de San Pedro que enchen Galicia de alegría e diversión. Así, a reporteira Ariadna Leis vai ata o concello de Corcubión para gozar do San Pedro da Redonda, unha das romarías máis concorridas de toda a contorna. Belén Vara desprázase a Santa Comba, onde teñen unha festa de San Pedro á que acoden centos de persoas. Neste lugar a música e a procesión son as grandes protagonistas. E Belén Rivero viaxa a Vilanova de Arousa. Na parroquia de Tremoedo o San Pedro é a celebración máis importante do ano, e todos os veciños saen á rúa para pasar unha noite cargada de xolda.  As cámaras de “Vaia Troula” asisten ao San Pedro de Cesantes, en Redondela; á gran sardiñada de Pont