O domingo pola noite "Vaia Troula" viaxa ata Catoira para ofrecer un programa moi especial desde a espectacular Romaría Vikinga deste concello. E, como sempre, as reporteiras do programa, Belén Vara, Ariadna Leis e Belén Rivero, seguirán percorrendo toda Galicia na procura das mellores celebracións da fin de semana. Entre outras moitas, estarán na divertida Festa Hortera de Porto do Son e na tradicional festa da Carballeira de Zas. Este domingo pola noite “Vaia Troula” vivirá cos espectadores da Televisión de Galicia o emocionante desembarco vikingo de Catoira. A presentadora Nieves Rodríguez estará nunha romaría á que acoden milleiros de persoas. Esta festa, que conta coa declaración de Interese Turístico Internacional, é unha das citas ineludibles do verán galego.A reporteira Belén Vara asistirá, a noite anterior ao desembarco, á gran cea vikinga que rematará cun incrible espectáculo de luz e cor nos arredores das famosas Torres de Oeste de Catoira. Pola súa banda Ariadna Leis pasar