A presentadora Nieves Rodríguez estará no concello pontevedrés da Guarda, onde celebran, un ano máis, a romaría de Santa Tegra. Alí, nunha contorna espectacular, haberá unha multitudinaria procesión e unhas divertidas e orixinais poxas que culminarán cunha comida campestre. A romaría da Saleta de Boborás tamén terá un especial protagonismo no programa. Pola súa parte, Ariadna Leis irá ata O Saviñao, na provincia de Lugo. Alí organizan unha nova edición do seu espectacular “Folión de Fachas”, que ilumina unha longa noite de troula. E Antía Muíños achegarase a Arzúa para coñecer todos os segredos da romaría da Mota, en que centos de persoas honran a San Mateo.  As cámaras de “Vaia Troula” tamén estarán presentes na romaría de San Adrián de Verdes, en Coristanco, na Festa da Virxe das Dores de Lalín e na Festa da Familia de Abegondo. A celebración da Virxe do Belén de San Sadurniño, a Festa das Mercedes de Poio e a romaría da Saleta de San Cristovo de Cea completan o menú trouleiro do pro