A presentadora, Nieves Rodríguez, está nesta ocasión no concello pontevedrés das Neves, onde celebran unha das romarías máis antigas de Galicia, a de Santa Marta de Ribarteme. Neste lugar, milleiros de devotos acoden a unha impactante procesión de cadaleitos. Mentres, a reporteira Ariadna Leis vai ata a parroquia de Muíño, no concello coruñés de Zas, para pasar un día de festa na tradicional romaría de Santa Margarida. Belén Vara achégase ata a parroquia de Mera, en Oleiros, onde celebran un ano máis as Festas de Santa Ana con moita devoción, pero tamén con boa comida e música de orquestras. E Antía Muíños viaxa ao concello lugués do Vicedo para participar nunha espectacular Romaxe Viquinga que inclúe un desembarco na praia de San Román. As cámaras de “Vaia Troula” tamén están presentes nas Festas de Santa Ana de Beade, en Vigo, na Exaltación da Paella de Cortegada, en Silleda, na “Batucada” de Verín, e na fermosa “Curtis na Lembranza”, que recrea a atmosfera que se vivía neste conce