A presentadora Nieves Rodríguez estará no concello ourensán de Celanova, en Vilanova dos Infantes, onde celebran un ano máis a tradicional romaría da Virxe do Cristal. Alí haberá unha gran procesión acompañada das fermosas danzas ancestrais na honra desta peculiar figura. As Festas da Guadalupe de Rianxo tamén serán protagonistas especiais do programa. Pola súa parte, Belén Vara será unha máis na madrugada que pecha as festas da Guadalupe. Nese momento milleiros de persoas cantan unha espectacular “Rianxeira” acompañada pola intensa luz das bengalas. Mentres, Antía Muíños achegarase á cidade de Vigo para retroceder no tempo ata a época romana nunha nova e divertida edición do Vicus Spacorum.As cámaras de “Vaia Troula” tamén estarán presentes na Exaltación da Ameixa de Poio, na Festa das Dores de Guimarei, na Estrada, e na romaría de Santa Eufemia de Leira, en Ordes. A celebración do San Cibrao, en Vilanova de Arousa, a Festa de San Mateo de Rus, en Carballo, e a gran cea popular de San