Así, os espectadores da Televisión de Galicia poderán gozar da emotiva procesión que culmina cunhas fermosas danzas ancestrais na honra da Virxe do Cristal.  Pola súa parte, as reporteiras Ariadna Leis e Belén Vara estarán en Rianxo para participar nas Festas da Guadalupe.  O programa desta noite tamén será testemuña da procesión das Mortallas da Pobra do Caramiñal. Trátase do acto máis importante das Festas do Nazareno, ás que cada ano acoden milleiros de fieis.   E Belén Rivero viaxará ata o Barco de Valdeorras para ser unha máis nas Festas do Cristo, en que a devoción e a música das bandas son as protagonistas do seu día grande.  As cámaras do programa tamén estarán presentes na festa romana Vicus Spacorum de Vigo e na Exaltación da Ameixa de Campelo, no concello de Poio. A Festa das Dores da parroquia de Guimarei, na Estrada, e a Festa da Familia de Abegondo completan o menú trouleiro do programa deste domingo.