Nieves Rodríguez está en Monfero, onde celebran un ano máis a romaría da Virxe da Cela na contorna do fermoso mosteiro deste concello coruñés. A reporteira Belén Vara vive en Burela a incrible Festa Castrexa, que comeza cun multitudinario desfile de clans. Ariadna Leis súmase á celebración do San Cristovo en Negreira, que ofrece unha espectacular procesión de coches e camións. E Belén Rivero relátanos o Asalto ao Castelo de Vimianzo. As cámaras de “Vaia Troula” tamén están presentes no Entroido de Verán de Salceda de Caselas, na Festa do Churrasco de Narón, no Día das Peñas de Boiro e na celebración do San Cristovo de Mesía. A Festa Mariñeira de Muros, a exaltación do lacón de Silleda e o Santo Antón de Catoira completan o menú trouleiro.