A presentadora Nieves Rodríguez estará no concello lugués de Foz, onde celebran a oitava edición da Festa Normanda. Alí, na praia de Tupide, terá lugar un incrible desembarco e unha divertida loita entre focegos e normandos, tamén haberá xogos para toda a familia e música tradicional durante toda a xornada.  Pola súa parte, a reporteira Ariadna Leis irá ata o concello de Palas de Rei para vivir en primeira persoa o “Son D´Aldea”, que recrea a vida no rural dos nosos avós a través dun fermoso percorrido teatral. Ademais, Belén Vara achegarase ata o concello pontevedrés de Tui, onde todos os veciños da parroquia de Caldelas celebran a Virxe da Rocha cun día dedicado á empanada, e Antía Muíños viaxará a Culleredo para gozar da gran sardiñada organizada polos veciños da parroquia de Castro e Laxe, a onde acoden cada ano milleiros de persoas.  As cámaras de “Vaia Troula” tamén estarán presentes na Festa da Virxe da Grela de Codeseda, na Estrada; na Exaltación do Porco ao Espeto do Esto, en