"Vaia Troula" despide os meses centrais de festexos cun programa cargado de sorpresas, boa música e alegría. Así, a presentadora Nieves Rodríguez dá a benvida desde o concello ourensán de Viana do Bolo, na parroquia de Punxeiro, para participar nunha nova edición da Festa da Vendima. Alí hai unha divertida ruta de adegas, acompañada pola mellor comida da zona e a música de grupos tradicionais e charangas. Ariadna Leis vai ata O Rosal. Nese concello pontevedrés celebran as Festas da Pilarica cunha recreación do traballo dos antigos cabaqueiros, que elaboraban tellas de xeito tradicional. A reporteira Antía Muíños desprázase a Carballo para pasar un día de troula nas Festas do Pilar. Tras a devoción hai tempo para comer empanada e gozar da música nunha incrible sesión vermú. Belén Vara viaxa á cidade de Vigo para unirse á Festa do Polbo do Caeiro, na que, ademais de degustar este delicioso manxar, todos poden bailar cunha chea de bandas e grupos de gaitas. As cámaras de "Vaia Troula" t