“Vaia Troula”,  o programa da TVG que se encarga de percorrer toda Galicia na procura das mellores celebracións da fin de semana, viaxa da man da presentadora Nieves Rodriguez, ata o concello de Ribeira para vivir a tradicional e divertida Festa da Dorna. Alí asiste a un gran desfile de gaiteiros, con boa comida e cuns orixinais e divertidos xogos para toda a familia. A reporteira Ariadna Leis desprázase á parroquia de Santa Uxía de Lobás, no concello ourensán do Carballiño, para pasar un día de troula na Romaría da Madanela. A procesión nocturna dos fachos é un dos momentos máis fermosos da xornada. Ademais, Belén Vara achégase ata a localidade lucense de Xove. Alí celebran un ano máis a Festa do Percebe, á que acoden centos de persoas para gozar co sabor deste manxar e bailar ao son das mellores charangas.E Antía Muíños viaxa á Illa de Arousa para participar nas Festas do Carme, que, como é tradición, inclúen unha emocionante procesión por terra e por mar. As cámaras de “Vaia Troula”