O equipo viaxará ao Asalto ao Castelo de Vimianzo, ás festas de Ourense e ás celebracións de San Pedro en Corcubión e Vilanova de Arousa, entre moitas outras.Nesta primeira entrega, Nieves Rodríguez saudará os espectadores desde Vimianzo, onde celebran o xa tradicional Asalto ao Castelo. Ariadna Leis estará na parroquia de Tremoedo, en Vilanova de Arousa, para celebrar o San Pedro cunha procesión, chocolate e baile para todos os veciños. Pola súa banda Belén Vara asistirá a un dos actos centrais das festas de Ourense, a batalla de flores, que cada ano ofrece un grande espectáculo de cor polas rúas da cidade das Burgas. Antía Muíños estará en Miño para vivir en primeira persoa o día grande das festas deste concello. As cámaras de "Vaia Troula" estarán tamén presentes no mercado medieval do Burgo, en Culleredo, na gran pulpada do Mesón do Vento, en Ordes, e nas celebracións de San Pedro en Corcubión, Abegondo e Santiago de Compostela. Na emisión deste domingo tamén haberá espazo para as