Coñecemos a historia de Chus, unha paciente en lista de espera para un transplante dun fígado. Un recoñecemento rutineiro fará que Pili comece a sospeitar que a súa paciente está a ser vítima de malos tratos. Para conseguir que Chus o denuncie, Pili contará coa axuda da doutora Muíños.