Marta Doviro intérnase na historia de Lugo e, da man do arquitecto Carlos Sánchez Montaña, escoita os segredos da Muralla Romana. Tamén visita a catedral xunto a Carlos Carnero. Mais as visitas históricas son só o comezo, xa que o actor lucense Antonio Mourelos percorre os lugares que forman parte da súa infancia e fai de guía noutra das especialidades de Lugo: a súa gastronomía. Ambos degustan o tradicional polbo á feira e gozan dos famosos petiscos da cidade. O deporte é tamén referencia na capital lucense, polo que Doviro fala con Manel Sánchez, ex-xogador dun equipo de baloncesto que fixo historia, o Breogán. Para rematar o programa, a Garda Pretoriana de Lugo explica outro dos acontecementos que fai coñecido a Lugo: o Arde Lucus.