Marta Doviro comeza a súa viaxe pola comarca do Morrazo no hórreo máis importante e recoñecido da nosa terra, o Cruceiro do Hío, no concello de Cangas. Tamén visita a antiga fábrica de salgadura na ría de Aldán, que na actualidade é unha casa rural de renome, premiada en Europa. O mar foi sempre un dos maiores sustentos económicos desta zona, e en Bueu Doviro entra no Museo Massó, que se sitúa na que fora a primeira fábrica dunha das maiores conserveiras de Galicia. Na actualidade este museo recolle todo o patrimonio marítimo e a historia das conserveiras. Durante este percorrido, Marta está acompañada por Budiño, un dos gaiteiros galegos máis internacionais. Con el visita Moaña e dun xeito especial a confraría de mariscadoras.  “Unha viaxe para contar” tamén nos leva a Marín, onde se encontra a Escola Naval e explícanos a orixe da ancestral “ Danza das Espadas”.