Marta Doviro desprázase ata a comarca de Lemos. A súa viaxe comeza no Museo do Tren, onde gardan unha xoia da paisaxe ferroviaria: a locomotora a vapor Mikado. Xa en Monforte, Marta pasea polo Barrio Xudeu na compaña da guía Begoña González, que tamén a leva á pinacoteca dos Escolapios, onde se albergan obras do Greco.  Xunto ao director de cine monfortino Dani de la Torre, o programa percorre ás rúas máis coñecidas e os lugares que forman parte da súa vida. Logo Marta pon rumbo ao Saviñao, concretamente á devesa de Escairón, para coñecer a súa tradicional Carreira de Burros e a Carmiña, unha participante moi especial.  A viaxeira tamén se achega ata a Fervenza de Auga Caída e, logo de navegar polos Canóns do Sil, proba os afamados viños da Ribeira Sacra xunto ao viticultor Fernando González.  A súa seguinte visita é o mosteiro das Bernardas, en Ferreira de Pantón, onde coñece a sor Cruz, abadesa do convento, que convida a Marta Doviro a probar os seus deliciosos doces artesáns, unha p