A serie documental “Unha Viaxe para Contar” xira arredor do relato dunha incansable e curiosa viaxeira, Marta Doviro, apaixonada por descubrir a súa Galicia natal, con historias cheas de orgullo e respecto ao que se vai abrindo o seu camiño: lugares e xentes únicos.  Ao remate de cada entrega, Marta gardaá no seu diario as experiencias e reflexións de cada viaxe. A serie foi gravada nas comarcas da Coruña, Lemos, Vigo, Lugo, Valdeorras, O Courel, Cangas do Morrazo, Celanova e Ferrolterra.  A primeira “viaxe para contar” lévanos á Coruña e comeza cunha visita á lonxa, unha das máis importantes de Europa. Preto de alí atópase a Torre de Control, que Marta visita para entender mellor o labor dos vixiantes do mar. Tamén entra en Casa Cuenca, un ultramarinos na cidade vella onde aínda se pode atopar a típica “cascarilla” dos coruñeses. Logo dun paseo pola cidade, a viaxeira diríxese á Casa Museo de María Pita, en compaña do historiador Luís Gorrochategui, e coñece a “Gastón”, o gran tibu