Estíbaliz Veiga viaxará á antiga Lucus Augusti percorrendo a muralla e o casco histórico da cidade, onde descubriremos os segredos do seu pasado. Tamén fará piragüismo polo Miño, escoitará o órgano da catedral e experimentará o que é competir nun rally subíndose ao coche de todo un Campión de España. Ademais, visitará a fortaleza de San Paio de Narla e sobrevoará en dron a lagoa de Cospeito.