Estíbaliz Veiga fará unha ruta a cabalo ata o faro de Cabo Prior, percorrerá Canido na procura das Meninas que lograron revitalizar un barrio e visitará o Museo Naval para comprender a importancia que tivo a Armada na historia desta cidade. Tamén sobrevoaremos en dron a Lagoa da Frouxeira, faremos a Ruta dos Castelos para descubrir o sistema defensivo de Ferrol e camiñaremos pola zona centro xunto a Guillermo Escrigas para rememorar o pasado da cidade.