Neste Estíbaliz Veiga fará trail running polos cantís do Roncudo, achegarase en bici ata Cabo Vilán e percorrerá as rúas de Carballo para coñecer a súa arte urbana. Tamén visitará o Museo Man de Camelle e o castelo de Vimianzo. Ademais, acudirá a ermida de San Adrián de Malpica e sobrevoará en dron Monte Branco para recordar a Pondal, o bardo destas terras.