O director cinematográfico Hadrián retorna a Galicia para o enterro do pai, en Santiago; cando chega á taberna de Melchor recompón a historia dun retrato. Castelao é chamado por un taberneiro porque lle está a morrer o fillo, pero o debuxante e escritor descúlpase dicindo que non exerce como médico, ata que o taberneiro insiste porque o que quere é que lle faga un retrato ao neno antes de que moora. O pai pídelle que non o retrate feo, coa fealdade contristada que o ataque da morte lle debuxa no rostro. E Castelao pinta o neno imaxinario que lle solicita Melchor, un fermoso neno rindo... Co paso do tempo, o taberneiro di que de todos os fillos que tivo o máis fermoso era o que lle morreu: "Velaí está o retrato, que non mente". Hadrián acomoda esta recomposición da historia do retrato que Melchor e o seu pai Xosé locen na taberna á súa propia experiencia persoal e á crise creativa pola que está a pasar.