Neste capítulo do 'Tupper club' competirán para levar o ouro do programa a actriz e presentadora Isabel Blanco, o cantante da orquestra Panorama, Lito Garrido e os colaboradores de televisión Sara e Santi, coñecidos pola audiencia despois da súa voda no programa '48 horas para o si'. Álex Iglesias retaraos a facer pratos cun toque doce.